Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de maio de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da senda peonil no Camiño de Santiago primitivo, na estrada LU-530, entre os puntos quilométricos 6+800 e 8+100, de clave LU/21/113.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 2 de maio de 2022, aprobouse provisionalmente o documento de información pública do proxecto de construción da senda peonil no Camiño de Santiago primitivo, na estrada LU-530, entre os pp.qq 6+800 e 8+100, de clave LU/21/113.06, no municipio de Lugo.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2, que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos. Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

A actuación prevista no proxecto comprende a implantación dun itinerario peonil que mellora a seguridade viaria da estrada, mediante a separación física do tráfico de vehículos do tráfico peonil. A dita senda coincide coa traza do Camiño primitivo-Camiño de Santiago, na marxe esquerda da estrada LU-530, e terá un ancho mínimo de 4 metros, buscando en todo caso a integración do Camiño de Santiago nunhas condicións de seguridade axeitadas e cuns criterios de deseño sostibles ambiental e economicamente.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Que para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se someta ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Segundo. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo) e na Casa do Concello de Lugo (praza Maior, 1, 27001 Lugo).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción
Senda peonil no Camiño de Santiago primitivo, na estrada LU-530 entre os pp.qq 6+800 e 8+100, de clave LU/21/113.06

Concello de Lugo

Nº de predio

Ref. catastral

Titular

NIF/CIF

Superficie

total (m²)

Superficie

afectada (m²)

Cultivo

Bens afectados

1

27900A41600075

Castedo Ferreiro, José Antonio

***2463**

196.812

2.161

Monte baixo

2

27900A41500010

Castedo Ferreiro, José Antonio

***2463**

11.196

677

Matogueira

350

3

27900A41500036

Fernández Ramil, Saldina
García Figueroa, Cesáreo (hdros.)

***6013**

3.721

531

Monte alto

– 95 m de muro de bloque de formigón e malla de arame.

– 531 m² de arboredo

4

27900A41500044

Fincas Carballido, S.L.

B81292047

44.474

701

Monte baixo

5

27900A41400084

Matadero de Aves Suavi, S.L.

B27257146

27.588

58

Árbores de ribeira

– 58 m² de árbores de ribeira

6

27900A41400013

Fincas Carballido, S.L.

B81292047

76.099

1.477

Labradío

– 15,75 m³ de valado de pedra sobre pedra

7

27900A41400009

Barreira Villanueva, Antonio

***0438**

162.226

505

Labradío

– 120 m de peche de pedra con malla de arame e postes

Situación básica do solo: rural.

Clasificación urbanística: rústico.