Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de abril de 2022, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente con número de credencial 87471 e dous máis.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia do requirimento de documentación no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa da Sección do Rexistro de Demandantes de Vivenda da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de abril de 2022

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

Expediente/credencial

DNI/NIE

87471

32712108J

99528

47439024Y

99552

32845993S