Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28131

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022 pola que se nomea a Ana Sofía de Sa Gil Rodrigues como membro do Consello Reitor do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

O consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia é un consorcio autonómico, dotado de personalidade xurídica propia, con plena capacidade e independencia respecto dos seus membros para o cumprimento dos seus obxectivos.

O consorcio adscríbese organicamente á consellería que teña atribuídas as competencias en materia de universidades.

O artigo 17.h) do Decreto 6/2018, do 11 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, regula a composición do seu consello reitor, que contará entre os seus membros con dúas persoas propostas pola consellería de adscrición do consorcio de entre destacados membros da comunidade académica e científica.

O citado artigo 17, no seu punto 3, establece que os membros do Consello Reitor que non o sexan por razón do seu cargo, serán nomeados pola persoa titular da consellería de adscrición do consorcio, por un período de catro anos prorrogables por períodos iguais de tempo.

De acordo coa citada normativa, no uso das atribucións que teño conferidas en virtude do Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade,

RESOLVO:

Nomear a Ana Sofía de Sa Gil Rodrigues membro do Consello Reitor do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade