Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 27 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de ocupación dos bens e dereitos afectados correspondentes ao expediente da LMT derivada Rosende I, no concello de Sober (expediente IN407A 2020/3 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación LMT derivada Rosende I, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 27 de abril de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/3 AT.

Denominación: LMT derivada Rosende I (concello de Sober).

Ocupación:

Predio

Propietaria

Anotación de correo

Concello

Data de ocupación

6

Elia López Vázquez e herdeiros

Ausente

Sober

1.4.2022