Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia na declaración de caducidade do procedemento de extinción das concesións das bateas Gondar I e Loraña II e no inicio dun novo procedemento de extinción.

Mediante as resolucións do 27 de abril de 2022, da Consellería do Mar, declarouse a caducidade do procedemento de extinción das concesións das bateas Gondar I e Loraña II e acordouse o inicio dun novo procedemento de extinción.

– Titulares das concesións de Gondar I e Loraña II: Francisco Sineiro Rodríguez e María Elisa Isabel Daporta Leiro.

– Situación de Gondar I: polígono F, distrito marítimo do Grove, ao sur illote de Loraña e a 70 m de distancia (Pontevedra).

– Situación de Loraña II: polígono F, distrito marítimo do Grove, ao sur 75 W. A 60 m, ao sur illote de Loraña (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a aquelas persoas interesadas no procedemento a declaración de caducidade do procedemento de extinción das concesións das bateas Gondar I e Loraña II, e o inicio dun novo procedemento de extinción.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para ter coñecemento íntegro da resolución que se lle notifica nas dependencias da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, con enderezo na praza de Europa 5A, 4º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o devandito prazo sen que a persoa interesada compareza, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2022

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura
e Innovación Tecnolóxica