Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2022 Páx. 28277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de maio de 2022 polo que se somete a información pública o expediente de cambio de clase da estrada VG-1.8 polígono industrial do Tambre-Ponte Romaño.

En relación co expediente de cambio de clase da estrada VG-1.8 polígono industrial do Tambre-Ponte Romaño (Deputación), ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2022, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, e de conformidade co procedemento establecido no artigo 10 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, sométese o antedito expediente a un trámite de información pública que se levará a cabo durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os documentos que se someten a información pública son a proposta de cambio de clase da estrada VG-1.8 polígono industrial do Tambre-Ponte Romaño (Deputación), elaborada pola Área de Planificación, Innovación e Seguridade Viaria do 29 de abril de 2022, que inclúe a xustificación do cambio de clase da estrada en cuestión e os planos que describen e delimitan as súas características xeométricas e indican a repercusión do cambio nas zonas de dominio público e protección da estrada, así como na liña límite de edificación, e a citada Resolución do 2 de maio de 2022, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas.

A documentación que forma o expediente estará á disposición da cidadanía, en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2), e na Casa do Concello de Santiago de Compostela (praza do Obradoiro, 1), así como na páxina web oficial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da seguinte ligazón:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes

As alegacións presentadas neste procedemento deberán versar sobre a xustificación de que a estrada, ou o seu treito, reúne os requisitos necesarios para que sexa modificada a súa clasificación na forma proposta no expediente.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas