Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2022 Páx. 28051

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2022 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG401A).

Mediante Resolución conxunta do Igape e a Amtega, do 2 de decembro de 2021 (DOG núm. 243, do 21 de decembro), publicáronse as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 8.5 que a resolución conxunta relativa a cada período de admisión de solicitudes será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución de concesión do 26.4.2022, da Dirección Xeral do Igape, e da Resolución de concesión do 26.4.2022, da Dirección da Amtega, correspondentes á convocatoria 2022.2, das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas).

Segundo. As resolucións do 26.4.2022 esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape ou da Dirección da Amtega, segundo o caso, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica