Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Ley 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Referencia catastral |
Expediente |
Titular |
36049A015005340000KA |
2713/2021 |
En investigación |
36049A034006510000KP |
2715/2021 |
En investigación |
36049A044008370000KT |
2905/2021 |
En investigación |
36049A011003810000KQ |
0127/2022 |
Díaz Ubeira, Manuel |
36049A024004080000KD |
0316/2022 |
En investigación |
36049A033001740000KD |
0545/2022 |
En investigación |
Salceda de Caselas, 20 de abril de 2022
Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa