Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2022 Páx. 27974

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 2 de maio de 2022 pola que se finaliza o procedemento de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2022, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS700A).

No Diario Oficial de Galicia número 27, do 9 de febreiro de 2022, publicase a Orde da Consellería de Política Social do 31 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código do procedemento BS700A), que foi modificada pola Orde do 25 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 28 de abril), en que se suprime a referencia que se fai ás «vacacións» e aos «días de libre disposición» do artigo 10.3, e o segundo parágrafo da letra f) do artigo 11, co obxecto de aclarar a interpretación deste.

A orde recolle que as subvencións destinaranse á consecución das seguintes finalidades:

Programa I: a consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Programa II: destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

Do importe de financiamento sinalado no código de proxecto 2016 00172, 1.615.437,50 € están cofinanciados nunha porcentaxe do 80 % polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes regúlase no artigo 12 da Orde do 31 de decembro de 2021, e no artigo 13 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, segundo establece o seu artigo 18, así como as emendas feitas, comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 19 da citada orde.

O órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou as propostas de resolución que, como establece o artigo 21, elevou ao órgano competente, á Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, que en virtude da competencia delegada na disposición adicional terceira para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 22 da dita Orde do 31 de decembro de 2021, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia que producirá os efectos da notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da consellería (http://politicasocial.xunta.gal) e de forma complementaria só por medios electrónicos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de maio de 2022, ditada no procedemento BS700A de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a dita Resolución do 2 de maio de 2022 finaliza o procedemento de concesión das axudas, pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022

Fernando González Abeijón
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 2 de maio de 2022 que finaliza o procedemento concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá

Convocatoria: Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS700A).

Antecedentes:

1. A Subdirección Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Promoción da Dependencia, unha vez consultada a base de datos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais dependente da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, comprobou que as entidades solicitantes cumprían cos requisitos, establecidos na orde de convocatoria, de estar inscritas no devandito rexistro, así como o resto dos requisitos específicos establecidos no artigo 7.

2. No suposto de solicitudes individuais, contan cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación a data do 1 de xaneiro de 2021, fonte do Instituto Galego de Estatística.

3. A Comisión de Valoración encargada do estudo das solicitudes para o outorgamento das subvencións as que se refire a Orde do 31 de decembro de 2021 realizou a valoración de todas as solicitudes presentadas por cumprir cos requisitos previos exixidos e emitiu o seu informe.

No dito informe, e tras aplicación dos criterios de valoración do artigo 20, determina que, en atención ao financiamento previsto no artigo 3 da Orde do 31 de decembro de 2021 (Programa I: 4.934.606,50 € e Programa II: 931.383,00 €) e tendo en conta o sinalado no artigo 4.1.b) sobre os importes máximos segundo o tipo de xestión, que se teñen en conta para determinar o importe máximo subvencionable en cada caso, todos os expedientes son susceptibles de proposta de resolución con cargo a cada programa.

4. O órgano instrutor, á vista do informe realizado pola comisión do procedemento e de acordo coa documentación que consta no seu poder, elevou ao órgano competente para resolver a proposta de resolución, do 27 de abril de 2022, para o programa I e II que de seguido se relaciona. Informou que todas as solicitudes presentadas cumpren cos requisitos necesarios para acceder ás axudas da presente convocatoria, resulta acreditado que se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa da Facenda da Xunta de Galicia e que, así mesmo, se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. Tamén indica que todas as solicitudes foron valoradas segundo os criterios sinalados no artigo 20.

Por todo o anterior, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional terceira para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312E.460.1 (código de proxecto 2016 00172) as subvencións que se sinalan no anexo I (programa I) e no anexo II (programa II) ás entidades que se relacionan, para a prestación de servizos ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, condicionadas ao cumprimento das obrigas das entidades beneficiarias establecidas nos artigos 11 e 28 da Orde do 31 de decembro e, en todo caso, as establecidas no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Das contías correspondentes, 1.615.437,50 € están cofinanciados nunha porcentaxe 80 % con fondos do Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9: promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación; prioridade de investimento 9.4: mellora do acceso a servizos accesibles, sustentables e de calidade, incluídos os servizos sanitarios e sociais de interese xeral, obxectivo específico 9.4.1: mellorar a accesibilidade para as persoas máis vulnerables a servizos de atención sanitaria, sociais e de orientación, formación e educación, incluíndo a eliminación de estereotipos, e na liña de actuación 118: implementación da Rede galega de atención temperá.

Terceiro. As accións correspondentes a estes proxectos xustificaranse, segundo o tipo de gasto, ben a través das modalidades de custos simplificados conforme o disposto no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 1304/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo de 2018 («as normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 67, 68, 68 bis e 68 ter do Regulamento (UE) nº 1303/2013»), ben, no caso de xestión indirecta, mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, e deberá figurar documentalmente a vinculación coa prestación da actividade subvencionada, tempo de dedicación, horarios e retribucións. En todo caso, nas facturas emitidas pola entidade prestadora deberán figurar as horas de dedicación de cada integrante do equipo de traballo.

Cuarto. En todo caso, as accións que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro, no Regulamento (UE) nº 1304/2013, do 17 de decembro, ambos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

Quinto. A aceptación da subvención implica a súa inclusión na lista pública de operación prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro.

Sexto. Unha vez notificada a resolución da concesión da subvención, as entidades beneficiarias poderán comunicar no prazo de 10 días hábiles a súa aceptación, comprometéndose a executar a acción subvencionada nas condicións establecidas na Orde do 31 de decembro de 2021. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétimo. Realizarase un primeiro pagamento do 50 % da contía da subvención concedida, en concepto de anticipo, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 50 % restante ou a parte que corresponda librarase logo da xustificación pola entidade beneficiaria do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta orde.

Oitavo. Coa data límite do 15 de novembro de 2022, as entidades deberán presentar a documentación xustificativa da actuación executada obxecto de subvención.

Noveno. A xustificación realizarase mediante a presentación da seguinte documentación de conformidade co disposto no artigo 26 da orde:

a) Anexo IV. Solicitude de pagamento e declaración. Asinada polo/pola representante da entidade ou da agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º. Ademais dos datos identificativos, faranse constar as declaracións sobre o cumprimento da finalidade e da normativa, sobre a solicitude ou non doutras subvencións actualizada e sobre a inexistencia da causa que implique prohibición para ser beneficiario. Así mesmo, a relación da documentación complementaria que se xunta.

b) Anexo V. Certificación sobre condicións da execución. Asinada polo/pola secretario/a da entidade ou o/a representante da agrupación segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º, onde figure:

1º. Declaración sobre cumprimento da normativa aplicable en materia de publicidade ás axudas financiadas a través de fondos da Unión Europea, así como en materia de subvencións e, se é o caso, en materia de contratación pública e demais normativa aplicable.

2º. Indicación do prazo de execución e do número de horas totais de traballo dedicadas segundo grupos profesionais, suma das cifras correspondentes a todos/as os/as integrantes do equipo.

3º. Datos de cada un dos integrantes do equipo: datos persoais, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número de horas de traballo calculadas segundo o disposto no artigo 10.3, para o que se excluíran as vacacións e os días de libre disposición, tal como se sinala na Orde do 25 de abril que modifica a Orde do 31 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 28 de abril de 2022).

No caso de xestión indirecta, estes datos deberán corresponderse cos indicados nas facturas da entidade prestadora das cales se achegará unha copia xunto co xustificante bancario do seu pagamento. Nestas facturas darase cumprimento do disposto no artigo 5.1.a) da Orde ESS/1924/2016, segundo o cal serán elixibles «os custos de persoal que formen parte da prestación de servizos externos, sempre que na factura emitida polo provedor dos servizos se identifique claramente a parte correspondente a custos de persoal». Así mesmo, nestas facturas deberán constar os datos persoais de cada un dos integrantes do equipo de traballo, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número total de horas de traballo de cada técnico.

4º. Réxime da prestación en función do horario semanal.

5º. Número de usuarios/as atendidos/as desagregado por sexo, así como totais. Os datos reflectidos na certificación deberán coincidir cos recollidos na aplicación informática referida no artigo 11.

c) Anexo VI. Folla mensual de horas traballadas. Asinadas pola persoa traballadora, así como, no caso de xestión directa, polo/a secretario/a ou persoa designada segundo o previsto no artigo 7.1.c).2º, e no de indirecta, pola persoa responsable da entidade prestadora. Achegarase unha por cada traballador/a e mes de desempeño en que figuren as horas diarias efectivamente traballadas dedicadas ao servizo, así como os totais. Deberá cubrirse en función do establecido no artigo 10.3, que foi modificado pola Orde do 25 de abril, para o que non se terá en conta as vacacións nin os días de libre disposición. A suma das horas consignadas en todas as fichas debe ser equivalente ás contías consignadas no anexo V.

d) Documentación xustificativa da publicidade da actuación segundo o establecido nos artigos 11.c) e 28: fotografías do lugar ou lugares en que se levou a cabo a prestación onde se aprecie a situación do cartel ou carteis informativo/s, con indicación da data de colocación, documentos relativos á publicidade na páxina web; por exemplo, capturas de pantalla e na documentación escrita: copia dun exemplar de cada tipo utilizado.

e) Se é o caso, para o suposto de xestión indirecta, copia das facturas referidas na letra b), ordinal 3º do número 5 do artigo 26.

Os datos que se consignen nos respectivos anexos e documentos sinalados nas letras a), b), c), d) e e) serán unicamente os da prestación do servizo que se desenvolva durante o período reflectido na resolución de concesión da subvención.

Décimo. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido levará consigo a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o disposto nela e no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

No caso de que a xustificación for incorrecta e/ou incompleta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados e/ou achegue os documentos solicitados no prazo de dez (10) días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, logo de resolución, á revogación da subvención e, de ser o caso, ao reintegro da contía percibida e á exixencia dos xuros de demora.

Décimo primeiro. Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do gasto que consideren convenientes.

Décimo segundo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas na orde de convocatoria e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Destinar os fondos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.

b) Manter un sistema de contabilidade separado do ingreso da axuda percibida ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

c) Conservar toda a documentación relativa á subvención e ás persoas participantes ou usuarias durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas ante a Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

d) Dar cumprimento á obriga da adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 20 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 e polo Regulamento (UE) nº 2020/2221, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos. En todo caso, durante a execución da actuación respectarase o reflectido no artigo 11.c), sen prexuízo de que os carteis deberán permanecer colocados e na páxina web coa correspondente información, cando menos, ata a data en que remata o prazo final de xustificación da subvención establecido no artigo 26 da Orde do 31 de decembro de 2021.

e) Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), así como dos obxectivos dos fondos.

f) Realizar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento da prestación que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultado previstos no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013. Para estes efectos, seranlle facilitados os oportunos cuestionarios que terán que respectar o principio de integridade dos datos.

Así pois, as entidades beneficiarias consignarán na aplicación informática prevista no artigo 11, da Orde do 31 de decembro de 2021, os datos referentes aos indicadores de produtividade e de resultado inmediato e a longo prazo relativos aos usuarios/as, que serán os que a unidade tramitadora do procedemento incorporará, pola súa vez, na aplicación informática Participa 1420, que comprenderán:

1º. Os de produtividade referiranse á situación á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do/da participante coa operación subvencionada.

2º. Os de resultado inmediato á situación do participante no período que abranga entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.

3º. Os de resultado a longo prazo: situación aos seis meses de finalización da vinculación do participante coa operación subvencionada.

g) Cumprir coa normativa de protección de datos de carácter persoal. Os relativos ás persoas usuarias ou participantes na actuación subvencionada incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos. En todo caso, deberá constar necesariamente a autorización expresa da persoa interesada para o tratamento e incorporación dos seus datos, e a entidade beneficiaria da axuda será a que deberá recadar e custodiar esta documentación.

h) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e/ou a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

i) Someterse ás actuacións de comprobación e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control, incluíndo as visitas sobre o terreo. Entre a información e a documentación que se debe conservar incluirase a seguinte:

1º. No caso de xestión directa do servizo pola propia entidade beneficiaria da subvención, deberán conservarse os contratos laborais ou mercantís, información da situación de alta na Seguridade Social das persoas traballadoras adscritas, das horas dedicadas polos traballadores a cada unha das prestacións e do lugar de impartición, documentación relativa ao control horario, ás verificacións de asistencia e aquela da cal se dispoña nos casos en que a titulación exixida poida ser suplida por coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión e complementados con formación específica.

2º. No caso de xestión indirecta do servizo mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, deberán conservarse as facturas emitidas pola entidade adxudicataria prestadora do servizo, onde consten os datos persoais de cada un dos integrantes do equipo de traballo, períodos de desempeño, grupos e perfís profesionais, tipo de vinculación coa entidade, dedicación total ou parcial e número total de horas de traballo de cada técnico.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

k) Así mesmo, cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades ou agrupacións interesadas poidan exercer calquera outro que proceda en dereito. O recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022 A conselleira de Política Social, P.D. (D.A. terceira Orde do 31 de decembro de 2021, DOG núm. 27, do 9 de febreiro), Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO I

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.a)

Programa I. Consolidación dos servizos de atención temperá

A. Período de desempeño da actividade e número de horas máximas subvencionadas:

Expediente

NIF

Solicitante

Integrantes

Titulación

Grupo profesional

Período desempeño

Horas solicitadas

Núm. horas subvencionadas

01-2022.BS700A.AT

P3200025I

Mancomunidade de concellos da comarca de Verín

Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós

Pedagoga Psicomotricista

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.860,00

1.720,00

Pedagoga T. da Linguaxe

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.860,00

1.720,00

Psicóloga especialista en Des. Infantil

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.860,00

1.720,00

02-2022.BS700A.AT

P1501700G

Concello de Cambre

Cambre

Logopeda I

II

1.11.2021 a 30.11.2021

86,00

86,00

Logopeda II

II

1.4.2022 a 31.10.2022

560,00

560,00

Psicóloga I

I

1.11.2021 a 30.11.2021

86,00

86,00

Psicóloga II

I

1.4.2022 a 31.10.2022

560,00

560,00

Terapeuta Ocupacional I

II

1.11.2021 a 30.11.2021

85,00

85,00

Terapeuta Ocupacional II

II

1.4.2022 a 31.10.2022

560,00

560,00

03-2022.BS700A.AT

P3600100F

Agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

Fisioterapeuta

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Logopeda

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Psicóloga

I

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

04-2022.BS700A.AT

P1505700C

Agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra

Negreira e Val do Dubra

Contratación futura I

I

1.3.2022 a 31.10.2022

1.146,00

1.146,00

Psicopedagoga Educadora Social

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Psicopedagoga Mestra Infantil

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

T. Psicomotricista

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

05-2022.BS700A.AT

P1506800J

Agrupación dos concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.660,00

1.660,00

Logopeda II

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.600,00

1.600,00

Logopeda III

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.660,00

1.660,00

Pedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.500,00

1.500,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.400,00

1.400,00

06-2022.BS700A.AT

P2703000F

Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol

Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol

Educadora Social

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

720,00

720,00

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Logopeda II

II

1.5.2022 a 31.10.2022

860,00

860,00

Psicopedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

07-2022.BS700A.AT

P3600800A

Concello de Cangas

Cangas

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Pedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

08-2022.BS700A.AT

P2703900G

Agrupación dos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

Outeiro de Rei e Castro de Rei

Logopeda I

II

1.11.2021 a 11.1.2022

188,00

188,00

Logopeda II

II

27.1.2022 a 31.10.2022

756,00

756,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.000,00

1.000,00

Terapeuta Ocupacional I

II

1.11.2021 a 28.1.2022

252,00

252,00

Terapeuta Ocupacional II

II

31.1.2022 a 31.10.2022

740,00

740,00

09-2022.BS700A.AT

P1500100A

Agrupación dos concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

Abegondo, Bergondo e Carral

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.12.2021

282,50

282,50

Logopeda II

II

1.1.2022 a 31.10.2022

1.493,00

1.433,33

Mestre Ed. Especial e Estimulador

II

1.11.2021 a 31.12.2021

59,50

59,50

Psicóloga II

I

1.1.2022 a 31.10.2022

1.459,00

1.433,33

Psicólogo I

I

1.11.2021 a 31.12.2021

191,00

191,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.1.2022 a 31.10.2022

1.470,00

1.433,33

10-2022.BS700A.AT

P1507600C

Concello de Sada

Sada

Logopeda

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Psicóloga

I

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Terapeuta Ocupacional

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

11-2022.BS700A.AT

P2700300C

Agrupación dos concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Pedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Psicopedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

12-2022.BS700A.AT

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.375,00

1.375,00

Psicóloga I

I

1.11.2021 a 15.12.2021

75,00

75,00

Psicóloga II

I

25.1.2022 a 31.10.2022

1.300,00

1.300,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.375,00

1.375,00

13-2022.BS700A.AT

P3601700B

Concello da Estrada

A Estrada

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.040,00

1.040,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.040,00

1.040,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.040,00

1.040,00

14-2022.BS700A.AT

P1507800I

Agrupación dos concellos de Santa Comba e A Baña

Santa Comba e A Baña

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

791,00

791,00

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

910,50

910,50

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.044,00

1.044,00

15-2022.BS700A.AT

P1504200E

Concello da Laracha

A Laracha

Fisioterapeuta

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.3.2022

716,65

716,65

Logopeda II

II

15.11.2021 a 21.1.2022

242,50

242,50

Logopeda III

II

24.1.2022 a 31.3.2022

247,50

247,50

Logopeda IV

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Psicóloga

I

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Psicopedagoga

I

1.11.2021 a 31.3.2022

537,50

537,50

Terapeuta Ocupacional

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

16-2022.BS700A.AT

P3603300I

Concello de Mos

Mos

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

17-2022.BS700A.AT

P1503400B

Agrupación dos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Maxisterio Educación Infantil

II

15.4.2022 a 31.10.2022

972,00

972,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

18-2022.BS700A.AT

P3200022F

Agrupación das mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro

Manc. O Carballiño (Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor e San Amaro) e Manc. O Ribeiro (Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro)

Logopeda

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.623,00

1.623,00

Psicóloga especialista en A.T

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.657,50

1.657,50

Psicóloga-Psicomotricista

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.686,50

1.686,50

19-2022.BS700A.AT

P1505800A

Agrupación dos concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

Fisioterapeuta

II

1.5.2022 a 31.10.2022

325,00

325,00

Pedagoga I

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.668,00

1.668,00

Pedagoga II

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.655,00

1.655,00

Pedagoga III

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.661,00

1.661,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

425,00

425,00

Terapeuta Ocupacional

II

1.5.2022 a 31.10.2022

240,00

240,00

20-2022.BS700A.AT

P2706500B

Agrupación dos concellos de Vilalba, Guitiriz e Xermade

Vilalba, Guitiriz e Xermade

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

580,00

580,00

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.179,00

1.179,00

Logopeda II

II

25.1.2022 a 31.10.2022

1.315,00

1.315,00

Psicóloga

I

14.1.2022 a 31.10.2022

378,00

378,00

Terapeuta Ocupacional I

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.088,00

1.088,00

Terapeuta Ocupacional II

II

24.1.2022 a 31.10.2022

1.320,00

1.320,00

21-2022.BS700A.AT

P1500003G

Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes

Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.652,00

1.652,00

Logopeda II

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.416,00

1.416,00

Logopeda III

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.365,00

1.365,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.652,00

1.652,00

Psicopedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.652,00

1.652,00

23-2022.BS700A.AT

P2706800F

Agrupación dos concellos de Burela, Viveiro, Xove, Cervo, O Vicedo, Foz, Ribadeo e O Valadouro

Burela, Viveiro, Xove, Cervo, O Vicedo, Foz, Ribadeo e O Valadouro

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Pedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

25-2022.BS700A.AT

P2705000D

Agrupación dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e A Pobra do Brollón

Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e A Pobra do Brollón

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.527,50

1.527,50

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.445,00

1.445,00

Logopeda II

II

13.12.2021 a 31.10.2022

860,00

860,00

Psicólogo I

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.462,50

1.462,50

Psicólogo II

I

15.11.2021 a 31.10.2022

950,00

950,00

Terapeuta Ocupacional

II

22.11.2021 a 31.10.2022

930,00

930,00

26-2022.BS700A.AT

P2705700I

Agrupación dos concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio

Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio

Logopeda I

II

22.11.2021 a 22.12.2021

66,00

66,00

Logopeda II

II

21.2.2022 a 31.10.2022

1.518,00

1.290,00

Maestro

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.584,00

1.584,00

Pedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.584,00

1.584,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.584,00

1.584,00

27-2022.BS700A.AT

P1503200F

Agrupación dos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Boimorto e Coirós

Curtis, Sobrado, Aranga, Boimorto e Coirós

Logopeda I

II

1.11.2021 a 10.1.2022

190,00

190,00

Logopeda II

II

1.1.2022 a 31.10.2022

1.530,00

1.433,33

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Terapeuta Ocupacional

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

29-2022.BS700A.AT

P3601500F

Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

860,00

860,00

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Psicopedagoga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

30-2022.BS700A.AT

P1500002I

Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol

Ferrol, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño

Logopeda

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.589,00

1.589,00

Psicóloga I

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.589,00

1.589,00

Psicóloga II

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.589,00

1.589,00

31-2022.BS700A.AT

P3600034G

Mancomunidade do Baixo Miño

A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Logopeda II

II

1.6.2022 a 31.10.2022

717,00

716,67

Psicóloga I

I

1.11.2021 a 31.10.2022

748,00

748,00

Psicóloga II

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.360,00

1.360,00

33-2022.BS700A.AT

P2702000G

Agrupación dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis

Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis

Enfermeira

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Logopeda

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Terapeuta Ocupacional

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

37-2022.BS700A.AT

P1508300I

Agrupación dos concellos de Teo e Ames

Teo e Ames

Logopeda I

II

1.11.2021 a 14.1.2022

150,00

150,00

Logopeda II

II

17.1.2022 a 31.10.2022

1.570,00

1.433,33

Psicóloga I

I

1.11.2021 a 14.1.2022

132,00

132,00

Psicólogo II

I

17.1.2022 a 31.10.2022

1.588,00

1.433,33

Terapeuta Ocupacional I

II

1.11.2021 a 14.1.2022

158,00

158,00

Terapeuta Ocupacional II

II

17.1.2022 a 31.10.2022

1.562,00

1.433,33

39-2022.BS700A.AT

P3604900E

Agrupación dos concellos de Salceda de Caselas e As Neves

Salceda de Caselas e As Neves

Fisioterapeuta

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Logopeda I

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

Logopeda II

II

1.11.2021 a 31.10.2022

1.575,00

1.575,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.720,00

1.720,00

42-2022.BS700A.AT

P3602100D

Concello de Gondomar

Gondomar

Educadora Familiar

II

1.11.2021 a 31.10.2022

104,00

104,00

Fisioterapeuta

II

1.5.2022 a 31.10.2022

390,00

390,00

Logopeda

II

1.5.2022 a 31.10.2022

650,00

650,00

Psicóloga

I

1.11.2021 a 31.10.2022

1.378,00

1.378,00

Traballadora Social

II

1.11.2021 a 30.04.2022

52,00

52,00

B. Puntuación obtida e importes máximos das accións subvencionadas:

Expediente

NIF

Solicitante

Puntuacións (artigo 20)

Importe máximo axuda

23-2022.BS700A.AT

P2706800F

Agrupación dos concellos de Burela, Viveiro, Xove, Cervo, O Vicedo, Foz, Ribadeo e O Valadouro

70

123.225,96 €

29-2022.BS700A.AT

P3601500F

Agrupación dos concellos de Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

69

99.602,62 €

17-2022.BS700A.AT

P1503400B

Agrupación dos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo

65

140.066,00 €

21-2022.BS700A.AT

P1500003G

Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes

65

160.476,00 €

30-2022.BS700A.AT

P1500002I

Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol

65

113.840,72 €

26-2022.BS700A.AT

P2705700I

Agrupación dos concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio

61

143.432,48 €

06-2022.BS700A.AT

P2703000F

Agrupación dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol

60

153.494,90 €

25-2022.BS700A.AT

P2705000D

Agrupación dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón

59

160.476,00 €

31-2022.BS700A.AT

P3600034G

Mancomunidade do Baixo Miño

57

144.040,39 €

01-2022.BS700A.AT

P3200025I

Mancomunidade de concellos da comarca de Verín

56

127.854,48 €

19-2022.BS700A.AT

P1505800A

Agrupación dos concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

56

146.503,36 €

37-2022.BS700A.AT

P1508300I

Agrupación dos concellos de Teo e Ames

56

108.904,47 €

05-2022.BS700A.AT

P1506800J

Agrupación dos concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

54

160.476,00 €

27-2022.BS700A.AT

P1503200F

Agrupación dos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Boimorto e Coirós

51

121.090,81 €

18-2022.BS700A.AT

P3200022F

Agrupación das mancomunidades do Carballiño e O Ribeiro

50

123.072,33 €

20-2022.BS700A.AT

P2706500B

Agrupación dos concellos de Vilalba, Guitiriz e Xermade

49

130.447,02 €

09-2022.BS700A.AT

P1500100A

Agrupación dos concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

47

111.117,33 €

33-2022.BS700A.AT

P2702000G

Agrupación dos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Guntín e Palas de Reis

46

160.476,00 €

39-2022.BS700A.AT

P3604900E

Agrupación dos concellos de Salceda de Caselas e As Neves

46

153.384,47 €

03-2022.BS700A.AT

P3600100F

Agrupación dos concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente

44

69.180,24 €

11-2022.BS700A.AT

P2700300C

Agrupación dos concellos de Antas de Ulla, Portomarín e Monterroso

43

123.225,96 €

08-2022.BS700A.AT

P2703900G

Agrupación dos concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

40

67.538,43 €

04-2022.BS700A.AT

P1505700C

Agrupación dos concellos de Negreira e Val do Dubra

39

156.250,07 €

14-2022.BS700A.AT

P1507800I

Agrupación dos concellos de Santa Comba e A Baña

39

60.639,86 €

16-2022.BS700A.AT

P3603300I

Concello de Mos

15

118.597,44 €

02-2022.BS700A.AT

P1501700G

Concello de Cambre

12

44.520,91 €

07-2022.BS700A.AT

P3600800A

Concello de Cangas

12

118.597,44 €

13-2022.BS700A.AT

P3601700B

Concello da Estrada

12

71.710,08 €

12-2022.BS700A.AT

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

11

94.809,01 €

10-2022.BS700A.AT

P1507600C

Concello de Sada

9

69.180,24 €

15-2022.BS700A.AT

P1504200E

Concello da Laracha

5

120.360,00 €

42-2022.BS700A.AT

P3602100D

Concello de Gondomar

0

60.560,13 €

Importe total

3.757.151,15 €

Anexo II

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.b)

Programa II. Servizos de atención temperá existentes non

subvencionados e implantación de novas unidades

A. Período de desempeño da actividade e número de horas máximas subvencionadas:

Expediente

NIF

Solicitante

Integrantes

Titulación

Grupo profesional

Período desempeño

Horas solicitadas

Núm. horas subvencionadas

22-2022.BS700A.AT

P3600900I

Agrupación dos concellos da Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo e Melón

A Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo e Melón

Fisioterapeuta

II

1.5.2022 a 31.10.2022

860,00

860,00

Logopeda

II

1.5.2022 a 31.10.2022

860,00

860,00

Psicóloga ou Pedagoga

I

1.5.2022 a 31.10.2022

860,00

860,00

24-2022.BS700A.AT

P3603900F

Concello do Porriño

O Porriño

Fisioterapeuta

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Logopeda

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

Psicóloga

I

1.4.2022 a 31.10.2022

1.003,31

1.003,31

28-2022.BS700A.AT

P3603500D

Concello de Nigrán

Nigrán

Fisioterapeuta

II

1.7.2022 a 31.10.2022

286,66

286,66

Logopeda

II

1.7.2022 a 31.10.2022

573,32

573,32

Psicóloga

I

1.7.2022 a 31.10.2022

573,32

573,32

32-2022.BS700A.AT

P2701600E

Agrupación dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada

Chantada, Carballedo e Taboada

Fisioterapeuta

II

1.9.2022 a 31.10.2022

277,50

277,50

Logopeda

II

1.9.2022 a 31.10.2022

277,50

277,50

Psicóloga

I

1.9.2022 a 31.10.2022

277,50

277,50

34-2022.BS700A.AT

P2700600F

Agrupación dos concellos de Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna

Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna

Contratación futura

II

1.5.2022 a 31.10.2022

430,00

430,00

Logopeda

II

1.5.2022 a 31.10.2022

645,00

645,00

Psicóloga

I

1.5.2022 a 31.10.2022

645,00

645,00

35-2022.BS700A.AT

P1506600D

Agrupación dos concellos de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures e Valga

Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures e Valga

Contratación futura I

I

1.4.2022 a 31.10.2022

1.252,50

1.003,33

Contratación futura II

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.252,50

1.003,33

Contratación futura III

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.252,50

1.003,33

36-2022.BS700A.AT

P1500500B

Concello de Arteixo

Arteixo

Logopeda

II

1.9.2022 a 31.10.2022

209,00

209,00

Psicóloga

I

1.9.2022 a 31.10.2022

228,00

228,00

Terapeuta Ocupacional ou Fisioterapeuta

II

1.9.2022 a 31.10.2022

209,00

209,00

38-2022.BS700A.AT

P3600400J

Concello de Bueu

Bueu

Fisioterapeuta

I

1.9.2022 a 31.10.2022

286,67

286,67

Logopeda

II

1.9.2022 a 31.10.2022

286,67

286,67

Psicóloga

I

1.9.2022 a 31.10.2022

286,67

286,67

40-2022.BS700A.AT

P1500900D

Agrupación dos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne

Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne

Logopeda

II

1.10.2022 a 31.10.2022

144,00

143,33

Psicólogo/a

I

1.10.2022 a 31.10.2022

144,00

143,33

Terapeuta Ocupacional

II

1.10.2022 a 31.10.2022

144,00

143,33

41-2022.BS700A.AT

P1508400G

Agrupación dos concellos de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar

Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar

Mestre/Fisioterapeuta/logopeda I

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.008,00

1.003,33

Mestre/Fisioterapeuta/logopeda II

II

1.4.2022 a 31.10.2022

1.008,00

1.003,33

Psicólogo/Pedagoga

I

1.4.2022 a 31.10.2022

1.008,00

1.003,33

B. Puntuación obtida e importes máximos das accións subvencionadas:

Expediente

NIF

Solicitante

Puntuacións (artigo 20)

Importe máximo axuda

35-2022.BS700A.AT

P1506600D

Agrupación dos concellos de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures e Valga

58

69.181,61 €

22-2022.BS700A.AT

P3600900I

Agrupación dos concellos da Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo e Melón

57

59.298,72 €

41-2022.BS700A.AT

P1508400G

Agrupación dos concellos de Toques, Melide, Arzúa, Santiso e Vilasantar

54

69.181,61 €

40-2022.BS700A.AT

P1500900D

Agrupación dos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne

53

9.882,89 €

32-2022.BS700A.AT

P2701600E

Agrupación dos concellos de Chantada, Carballedo e Taboada

43

19.134,18 €

34-2022.BS700A.AT

P2700600F

Agrupación dos concellos de Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna

42

39.725,34 €

36-2022.BS700A.AT

P1500500B

Concello de Arteixo

21

14.881,74 €

24-2022.BS700A.AT

P3603900F

Concello do Porriño

17

69.180,24 €

28-2022.BS700A.AT

P3603500D

Concello de Nigrán

9

33.200,10 €

38-2022.BS700A.AT

P3600400J

Concello de Bueu

9

20.060,00 €

Importe total

403.726,43 €