No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 81, do 28 de abril de 2022, publícanse integramente as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 22 de marzo de 2022 e Acordo da Xunta de Goberno Local do 11 de abril de 2022, da convocatoria para a cobertura por funcionarios/as de carreira dunha praza de técnico medio da Administración xeral e tres prazas de técnico medio de xestión de Administración especial, pola quenda de promoción interna.
O prazo de presentación de instancias, solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva, é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Vilagarcía de Arousa, 2 de maio de 2022
Alberto Varela Paz
Alcalde presidente