Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se someten a información pública o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación dunha explotación de polos de ceba de 61.678 a 79.575 aves, sita no concello de Friol (expediente MR2022/003).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación dunha explotación de polos de ceba de 61.678 aves a 79.575 aves, promovido por Barreiro Avícola, S.C., sita no concello de Friol (Lugo), clave do expediente MR2022/003, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo ambiental é a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias