Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27696

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos dentro do primeiro cuadrimestre do ano 2022.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do primeiro cuadrimestre do ano 2022, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2022

María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Descrición

Importe

(euros)

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia.

2.322,00

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia.

12.363,00

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia.

2.322,00