Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa, a fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas ás cales se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade dos expedientes administrativos, está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Fene, situado no segundo andar do edificio do Concello, praza do Alcalde Ramón José Souto, s/n, Fene.

Número de expediente

Referencia catastral

Propietario

2022/I004/000020

15036A02300132

Cartelle Vázquez

2022/I004/000021

15036A02300049

En investigación

2021/I004/000126

15036A00400183

Herdeiros de Juana Piñón Chouza

2021/I004/000086

15036A02800029

Herdeiros de Juan Núñez Rico

2021/I004/000087

15036A02800031

Nicolás López Balado

2021/I004/000089

15036A02800033

José Casteleiro Casteleiro

2021/I004/000090

15036A02800039

Milagros Sanmartín, S.S.

2021/I004/000015

15036A01700278

Herdeiros de Manuel Soto, S.S.

Fene, 13 de abril de 2022

Juventino J. Trigo Rey
Alcalde presidente