Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27537

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado Cuale para o curso 2022/23.

Co obxecto de realizar a convocatoria para o curso 2022/23 de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado Cuale nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, esta secretaría xeral resolve anunciar:

Primeiro. Que a regulación e convocatoria de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado Cuale para o curso 2022/23 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade: http://www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos no programa correspondente Cuale.

Terceiro. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2022.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional