Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2022 Páx. 27431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de abril de 2022 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/18/2022-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 25 de marzo de 2022, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras consistentes na execución dun alpendre para garda de gando e na execución dun galiñeiro, situadas na parroquia de Baamonde, no termo municipal de Begonte, na provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á interesada, con documento nacional de identidade 33615379M, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística