Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2022 Páx. 27398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 20 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta, acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2021/5047-2 e nove máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 20 de abril de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2021/5047-2

05257837Z

Denegación do dereito

PR204A 2022/151-2

16042770V

Desestimada por insostibilidade

PR204A 2022/259-2

21750622M

Denegación do dereito

PR204A 2022/340-2

33547515Z

Denegación do dereito

PR204A 2022/703-2

32628029E

Denegación do dereito

PR204A 2022/745

34251357X

Denegación do dereito

PR204A 2022/1098-2

34637426R

Denegación do dereito

PR204A 2022/1172-2

76582201K

Denegación do dereito

PR204A 2022/1181-2

33334925J

Denegación do dereito

PR204A 2022/1374-2

35626756D

Denegación do dereito