Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2022 Páx. 27366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 7 de abril de 2022 polo que se notifican as resolucións de recursos de reposición interpostos contra as resolucións ditadas en expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Soutomaior (expediente SCOVID/SOUTOMAIOR/0032 e tres máis).

O Concello de Soutomaior ditou resolución pola que se resolve o recurso de reposición interposto contra a resolución ditada nos expedientes sancionadores SCOVID/SOUTOMAIOR/0032 e 3 máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican están á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Soutomaior, situadas na rúa Alexandre Bóveda, 8, Soutomaior, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteses ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O prazo de ingreso das multas impostas en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pagamento das sancións impostas en período voluntario deberá facerse nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nas alíneas anteriores exixiranse en vía de constrinximento.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas só cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a persoa demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022

David Castro Sanmartín
Funcionario da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Acto notificado

SCOVID/SOUTOMAIOR/0032

36008503W

Resolución de recurso de reposición

SCOVID/SOUTOMAIOR/0033

76806890T

Resolución de recurso de reposición

SCOVID/SOUTOMAIOR/0034

76806890T

Resolución de recurso de reposición

SCOVID/SOUTOMAIOR/0035

36008503W

Resolución de recurso de reposición