Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 6 de maio de 2022 Páx. 27441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2022 pola que se publica o concurso público, por procedemento aberto e sistema multicriterio, para a selección de oferta de proxecto concesional e posterior tramitación como concesión administrativa de ocupación de parcela e edificacións para desenvolvemento das actividades comerciais portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto de Ribeira e actividades complementarias (expediente PRG-2022-0020).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación Portuaria.

c) Número de expediente: PRG-2022-0020.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a selección, ao abeiro do artigo 71 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, dunha oferta para o outorgamento, realizados os trámites necesarios, da concesión administrativa de ocupación dominio público portuario con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión da lonxa no porto de Ribeira.

b) Lugar da concesión: porto do Ribeira. Concello de Ribeira (A Coruña).

c) Prazo da concesión: ata un máximo de cincuenta (50) anos, conforme o descrito na cláusula 7 do prego de bases que rexe a presente contratación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de valoración das ofertas que figuran na cláusula 12.2 do prego de bases do concurso.

4. Taxas de explotación: as especificadas na cláusula 8 do prego de bases do concurso.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: entidade pública empresaria Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6ª. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 881 99 52 70.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil de contratante: o prego de bases desta convocatoria poderase obter no seguinte enderezo da internet:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás catorce (14.00) horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) arquivos electrónicos, segundo se especifica no prego de bases do concurso.

c) Lugar de presentación: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

a) Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1.

9. Outras informacións: a Mesa de Contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no perfil de contratante o resultado da apertura para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se for o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos de publicidade que, de ser o caso, se xeren serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia