Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 5 de maio de 2022 Páx. 27123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa por pacto de mellora da concesión administrativa e da batea S.B. VII.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea S.B. VII e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 8 de marzo de 2022, Jesús Somoza Suárez solicitou autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa da batea S.B. VII.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Nuria María Somoza Ríos (***8303**) e de Jesús Manuel Somoza Ríos (***3426**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: S.B. VII.

Situación:

Cuadrícula nº: 14.

Polígono: G.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: María del Carmen Rios García (***2425**) e Jesús Somoza Suárez (***9327**).

Novos titulares: Jesús Manuel Somoza Ríos (***3426**), María del Carmen Ríos García (***2425**), Jesús Somoza Suárez (***9327**) e Nuria María Somoza Ríos (***8303**).

Os novos titulares da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de abril de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña