Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 5 de maio de 2022 Páx. 27135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de febreiro de 2022, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., de concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación dos terreos en superficie, dos soterrados, dunha caseta e das instalacións para o desenvolvemento da actividade de subministración de combustible a embarcacións (expediente 14-07-20-C-2).

O día 11.2.2022, a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. no dominio público portuario do porto de Viveiro-Celeiro, con destino á ocupación dos terreos en superficie, dos soterrados, dunha caseta e das instalacións para o desenvolvemento da actividade de subministración de combustible a embarcacións, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 18 de febreiro de 2022

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte