Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26850

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 3 do Plan parcial do sector residencial deportivo Perbes-Vilanova (San Xoán).

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o 11 de febreiro de 2022, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan parcial do sector residencial deportivo Perbes-Vilanova (San Xoán), no concello de Miño, co obxecto de eliminar a desigualdade xerada pola obrigatoriedade de manter no ámbito do devandito plan os espazos libres (zonas verdes) e deportivos por parte dos veciños da urbanización.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse na sede electrónica do Concello de Miño (https://sede.concellodemino.gal).

Miño, 7 de abril de 2022

Manuel Vázquez Faraldo
Alcalde