Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 27 de abril de 2022 de notificación no procedemento disciplinario 1/2022.

Unha vez tentada sen éxito a notificación administrativa no domicilio da persoa interesada e na sede electrónica, nos termos dos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante o anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, logo de acreditar a súa identidade ou a representación conferida mediante calquera medio válido dos admitidos no ordenamento xurídico, durante o prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, nas dependencias do Servizo de Apoio Técnico (planta baixa) da Secretaría Xeral da Presidencia, sitas no edificio administrativo de San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Considerarase efectuada a notificación a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Segundo o disposto no artigo 30.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o prazo de dez (10) días para a vista do expediente por parte da persoa inculpada e para que alegue o que considere pertinente para a súa defensa e achegue cantos documentos considere de interese, establecido no artigo 26 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario do persoal funcionario, computarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Expediente disciplinario DIS 1/2022.

Persona interesada: 34892125K.

Acto de notificación: vista de expediente.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2022

Eva María Sanín Marino
Instrutora