Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26432

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 30 de decembro de 2021) (código de procedemento TR349V).

Primeiro. A Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco de Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG número 250, do 30 de decembro de 2021), establece no seu artigo 3 que a concesión das subvencións estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 28 de decembro de 2021 establece no seu artigo 3.5 que a distribución de fondos entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que deberá axustarse tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de axuda, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total.

Segundo o artigo 15, en aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentou a documentación completa requirida nas bases reguladoras.

Terceiro. Logo do axuste das aplicacións orzamentarias previsto no artigo 3 da orde de convocatoria, e realizadas as modificacións de crédito correspondentes para proceder á adxudicación das subvencións para contratación do programa Investigo, resultan os seguintes créditos:

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexan entidades sen ánimo de lucro, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.480.10, código de proxecto 2022 00091, cun crédito de 3.019.476,98 € (fondos MMR).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexan empresas privadas, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.10, código de proxecto 2022 00091, cun crédito de 3.885.325,98 € (fondos MMR).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexan as universidades do Sistema universitario público de Galicia e universidades privadas radicadas en Galicia, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.444.10, código de proxecto 2022 00091, cun crédito de 4.602.139,88 € (fondos MMR).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexan axencias públicas autonómicas, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.432, código de proxecto 2022 00091, cun crédito de 853.128,88 € (fondos MMR).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexan fundacións públicas autonómicas, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.443, código de proxecto 2022 00091, cun crédito de 467.741,56 € (fondos MMR).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexan empresas públicas do Estado, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.403, código de proxecto 2022 00091, cun crédito de 248.846,34 € (fondos MMR).

– Para os incentivos á contratación de persoas desempregadas en que a entidade beneficiaria sexan sociedades mercantís autonómicas, a aplicación orzamentaria 11.04.322C.441, código de proxecto 2022 00091, cun crédito de 51.163,38 € (fondos MMR).

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo ás aplicacións orzamentarias indicadas, ao abeiro do Programa Investigo (código de procedemento TR349V), da Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022, de acordo cos axustes das aplicacións orzamentarias realizados:

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.480.10, código de proxecto 2022 00091: correspóndelle unha contía de 3.019.476,98 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 15 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 21 de xaneiro de 2022 ás 14.56.59 horas (expediente TR349V/2022/58-0).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.10, código de proxecto 2022 00091: correspóndelle unha contía de 3.885.325,98 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 15 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 25 de xaneiro de 2022 ás 21.15.00 horas (expediente TR349V/2022/70-0).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.444.10, código de proxecto 2022 00091: correspóndelle unha contía de 4.602.139,88 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 15 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 21 de xaneiro de 2022 ás 9.51.42 horas (expediente TR349V/2022/53-0).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.432, código de proxecto 2022 00091: correspóndelle unha contía de 853.128,88 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 15 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 24 de xaneiro de 2022 ás 16.05.10 horas (expediente TR349V/2022/64-0).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.443, código de proxecto 2022 00091: correspóndelle unha contía de 467.741,56 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 15 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 25 de xaneiro de 2022 ás 19.51.56 horas (expediente TR349V/2022/69-0).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.403, código de proxecto 2022 00091: correspóndelle unha contía de 248.846,34 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 15 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 26 de xaneiro de 2022 ás 12.21.08 horas (expediente TR349V/2022/71-0).

– Aplicación orzamentaria 11.04.322C.441, código de proxecto 2022 00091: correspóndelle unha contía de 51.163,38 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito e nos termos recollidos no punto 3 do artigo 15 da convocatoria foi a presentada na sede electrónica o día 17 de xaneiro de 2022 ás 15.16.09 horas (expediente TR349V/2022/37-0).

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2022

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social