Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26400

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do IES Miguel Ángel González Estévez, do concello de Vilagarcía de Arousa.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispoÑo:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Código: 36018380.

Denominación actual: Instituto de Educación Secundaria (IES) Miguel Ángel González Estévez.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria (IES) O Carril.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade