Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 18 de abril de 2022 polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Arzúa (expediente SCOVID/ARZÚA/0059 e dous máis).

O Concello de Arzúa acordou a incoación do expediente sancionador SCOVID/ARZÚA/0059 e dous máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do inicio do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Arzúa, situadas na rúa Santiago, 2, Arzúa (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As persoas interesadas dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para achegaren ante a persoa instrutora do expediente, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non efectuaren alegacións no referido prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as persoas interesadas son informadas de que a sanción que se indica no acordo de incoación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022

Rosario Puente Vázquez
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

SCOVID/ARZÚA/0059

48629371B

Participación en reunións, festas ou calquera outro tipo de actividade ou acto, permanente ou esporádico, de carácter privado ou aberto ao público en espazos públicos, abertos ao público ou privados, nos cales se produzan aglomeracións contrarias ás medidas sanitarias de prevención aprobadas polas autoridades sanitarias ou nos cales se incumpran as medidas de seguridade e precaución dispostas por estas, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44 bis.2.a) da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/ARZÚA/0065

34265565G

Incumprimento do horario de apertura ou peche de establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público ou que se encontren abertos ao público ou para o desenvolvemento de actividades establecido como medida preventiva polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación, por permanecer nun local de hostalaría fóra do horario máximo de apertura establecido

Artigo 41.bis.i) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

300 euros

SCOVID/ARZÚA/0072

78811669F

Incumprimento das medidas de prevención aprobadas pola autoridade sanitaria consistentes en limitacións ás agrupacións de persoas en reunións e/ou encontros, tanto no ámbito privado como público, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación

Artigo 41.bis.f) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis da Lei 8/2008

100 euros