Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican dúas solicitudes de representación a unhas persoas afectadas polo proceso de reestruturación parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga e Vilar de Santos-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34709387H

Solicitude de representación

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga e Vilar de Santos-Ourense)

32449379J

Solicitude de representación

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga e Vilar de Santos-Ourense)