Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 19 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación Monte da Serra, na parroquia de Vilanova dos Infantes (San Salvador), no concello de Celanova.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 9 de marzo de 2022, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: Ampliación Monte da Serra.

Superficie: 92.276 m2.

Pertenza: Vilanova dos Infantes.

Parroquia: Vilanova dos Infantes (San Salvador).

Concello: Celanova.

Descrición do monte:

Parcelas obxecto de clasificación

(ref. catastral)

Superficie para clasificar

Lugar

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32025A043000010000QF

92.276 m2

Serra

Norte

32025A04309003

Leste

32025A04209002

Sur

32025A04300059

32025A04300060

32025A04300061

32025A04300064

32025A04309002

32025A04300028

Oeste

32025A04309003

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 19 de abril de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense