Convócanse, para a súa provisión, as cadeiras de académico/a numerario/a de Medicina de Familia e Comunitaria, Medicina Física e Rehabilitación, Medicina Legal, Pneumoloxía e Pediatría.
Para poder aspirar a tales cadeiras, é preciso ter nacionalidade española e residir en Galicia, así como estar en posesión do título de doutor en Medicina, por outra banda, posuirán un relevante e acreditado prestixio científico e profesional, avalado polas súas responsabilidades, investigación, publicacións ou traballos científicos orixinais.
Ninguén poderá presentar persoalmente a súa candidatura para o posto de académico/a.
As propostas serán formuladas por tres académicos/as de número, dos cales, polo menos un, deberá pertencer á sección en que estea incluída a dita vacante.
Non se tramitará ningunha proposta que leve máis de tres sinaturas, nin as que leven sinaturas que consten xa noutra candidatura concurrente á mesma praza.
As propostas deberán ir acompañadas dun currículo do candidato e presentaranse na Secretaría da Real Academia de Medicina (rúa Durán Loriga, 10, 2º, 15003 A Coruña), no prazo de 15 días naturais a partir da publicación deste anuncio.
A Coruña, 6 de abril de 2022
Alberto Juffé Stein
Académico numerario-secretario xeral
da Real Academia de Medicina de Galicia