De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado ao titular da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente sancionador.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Gregorio Hernández, 2-4, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírtese que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– As sancións notificadas antes do día 15 de cada mes aboaranse antes do 20 do mes seguinte ao da notificación.
– As sancións notificadas despois do día 15 de cada mes aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 19 de abril de 2022
Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Acta inf. nº |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data resolución |
RL 2021/0408-1 |
I152021000082319 |
Grupo Fomento Multimedia, S.L. |
B15950637 |
Vigo |
Seguridade e saúde |
30.3.2022 |