Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26113

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso 2022/23.

As resolucións da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, do 7 de abril de 2022, polas que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Conservación e Restauración de Bens Culturais, de Deseño e de Música para o curso 2022/23 (DOG do 21 de abril), e a Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, do 7 de abril de 2022, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23 (DOG do 21 de abril), establecen que o tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato será designado pola persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

De conformidade co establecido nas citadas resolucións do 7 de abril de 2022,

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores e para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior para o curso 2022/23, e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Os membros deste tribunal terán dereito á percepción de asistencias de acordo co establecido no capítulo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Tribunal titular

Tribunal suplente

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Presidenta

Rosalía Polo Cal

Secretario

Fernando Fernández Fraga

Secretario

Rubén Vázquez Rodríguez

Vogal 1º

Lourenzo Álvarez Ruiz

Vogal 1ª

María Victoria Cerviño Ferrín

Vogal 2ª

María Soledad Castellanos Merayo

Vogal 2ª

Raquel González García

Vogal 3º

Manuel Mira Martínez

Vogal 3ª

Nuria Campo Campo

Vogal 4º

José Manuel Piñeiro Mourín

Vogal 4ª

Ana María López Díaz

Vogal 5º

Francisco Javier Poch Gutiérrez

Vogal 5ª

María Rosario Ureña Lara

Vogal 6ª

Raquel Rodríguez Blanco

Vogal 6º

Juan José Lago Leis