Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26291

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2022, da comisión designada para xulgar os procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 17 de febreiro), do 12 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 21 de maio) e do 25 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 170, do 3 de setembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 21 de abril de 2022, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar os procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, polo persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro), do 12 de maio de 2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio) e do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1 da resolución de convocatoria, superaron a proba tipo test as persoas aspirantes que obtiveron a cualificación de apto. Para estes efectos, nos criterios de superación da proba aprobados pola Comisión no Acordo do 18 de novembro de 2021, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que terían a cualificación de apto as persoas aspirantes que acadasen vinte e catro (24) respostas correctas. Téñase en conta que as respostas incorrectas non descontan e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Segundo. Feita a corrección en sesión do 21 de abril de 2022, publícanse as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso de funcionarización que se cita no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ás cales se pode acceder a través do seguinte enderezo:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Terceiro. De acordo co disposto na base II.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.9 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente da Comisión