Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26070

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 21 de abril de 2022 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Concello da Coruña,

DISPOÑO:

O cesamento de Juan Manuel Díaz Villoslada como vogal representante do Concello da Coruña no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2022

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar