A xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021468AE-PO e sete máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da parte dispositiva da Sentenza 183/2021, do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos cales se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.
Logo de intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.
Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 19 de abril de 2022
Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente |
DNI/NIE da persoa interesada |
Último enderezo coñecido |
2021468AE-PO |
31253039H |
Blasco de Garai, 4, 47010, Valladolid |
2021507AE-PO |
52478141F |
Rúa Pinzón, 27, 4º A, 28025, Madrid |
2021561AE-PO |
53940272M |
Rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón |
2021562AE-PO |
05358256S |
Rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón |
2021563AE-PO |
53940271G |
Rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón |
2021564AE-PO |
03791617K |
Rúa Toledo, 18, 28223, Pozuelo de Alarcón |
2021748AE-PO |
12208303H |
Referéndum da Viña Grande, 28, 3º, 28925, Alcorcón |
20211130AE-PO |
36006040T |
Rúa do Gobernador, 30, planta baixa, 36379, Nigrán |