Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26055

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da orde de execución de xestión da biomasa vexetal.

De acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC), as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Por iso, ao non ser posible a notificación do acto que se indica a continuación, publícase este anuncio.

Infórmase de que o texto íntegro está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto da documentación do expediente, na Xerencia de Urbanismo, situada na Casa do Concello; praza Ravella, nº 1, 4º andar, Vilagarcía de Arousa, onde o poderán examinar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste no BOE.

Expediente de orde de execución MA 7/22 e MA 14/22. Resolución de Alcaldía do 15 de marzo de 2022, pola que inicia un expediente de orde de execución aos titulares das parcelas con referencias catastrais 36060A042006580000GP e 36060A04005720000GO, sitas nas rúas Bouza Nova, A Coviña e Manuel Fernández Teixeira, que son requiridos para que, no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, procedan ao cumprimento do deber de roza da maleza, eliminación de eucaliptos, piñeiros e calquera especie arbórea sinalada na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Vilagarcía de Arousa, 5 de abril de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde