Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26051

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da resolución do concurso para a provisión do posto de traballo de auxiliar administrativo na Área de Cultura.

Mediante a Resolución da concelleira delegada de Economía, Facenda e Recursos Humanos 524/2022, do 30 de marzo de 2022, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria do concurso para a provisión do posto de traballo vacante, no Concello de Cambre, de auxiliar administrativo da Área de Cultura, aprobada pola Resolución do concelleiro delegado da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación 1531/2018, do 27 de xullo de 2018.

Segundo. Adxudicarlle á funcionaria Susana Mallo Cancela o posto de traballo convocado de auxiliar administrativo da Área de Cultura.

Terceiro. O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles se o posto de traballo radica na mesma localidade, ou dun mes se radica nunha localidade distinta, contado a partir do seguinte ao do cesamento, de conformidade co establecido na base novena das que rexen a convocatoria.

O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo o posto producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lles concedesen aos interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Para todos os efectos, o prazo de posesión considerarase como de servizo activo e os efectos económicos no novo destino comezarán desde a data de cesamento no de procedencia.

Cuarto. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web municipal.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que o ditou, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade coa Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e coa Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida utilizar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cambre, 30 de marzo de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución 1323/2019, do 1 de xullo)
María Dolores Pan Lesta
Concelleira delegada de Economía, Facenda e Recursos Humanos