Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 13 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se comunican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego do lote 174.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegaren o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa, cabe formular demanda, perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 13 de abril de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

35446945N

35446945N/02-02-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilanova de Arousa

35477218V

35477218V/02-08-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilanova de Arousa

35478373E

35478373E/04-02-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

36102544L

36102544L/01-03-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

36122035Y

36122035Y/04-02-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

Y4717629K

Y4717629K/02-02-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ribadumia

35474942H

35474942H/02-12-2021/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

36013494W

36013494W/16-07-2021/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

36106526E

36106526E/24-01-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

39465931R

39465931R/07-02-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cangas

39513775M

39513775M/29-09-2021/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

50209610N

50209610N/27-09-2021/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

53819526D

53819526D/13-10-2021/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

54921792T

54921792T/06-08-2021/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

78549178S

78549178S/26-11-2021/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

Y0168419G

Y0168419G/23-07-2021/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

Y4385023H

Y4385023H/21-01-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa