Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmanse as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas, no concello de Vigo, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 18 de abril de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2020/36-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: reforma LMT TRO718 CT proxectado Fonte das Mozas.
Concello: Vigo.
Predio |
Titularidade |
Data ocupación |
Deposito previo |
1 |
Descoñecido |
16 de maio de 2022 |
2022/54/123 |