Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 25997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 1 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de San Cristovo de Cea (expediente IN407A 2022/24-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA As Fontaíñas.

Situación: lugar das Fontaíñas, concello de San Cristovo de Cea.

Características principais recollidas no proxecto:

• LMTA a 20 kV, en condutor tipo LA-56, derivada da LMTA CNO804, con inicio no apoio núm. 31 existente, tipo HVH A-AG17/1600-H35-CA, da LMTA CNO804, e fin no centro de transformación (CT) proxectado a intemperie de 50 kVA/20 kV que se instalará sobre o apoio núm. 31-8-CT C FL 14/3000-H35-CA, nas Fontaíñas, coordenadas UTM ETRS89 (fuso 29), X: 580.821 e Y: 4.700.246.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o 26.1.2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 1 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

LMTA, CTI, RBTA As Fontaíñas; concello de San Cristovo de Cea

Predios

Propietarios

Afección

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Voo

Sup. ocupada m2

Lonx. m

Sup. afect. (m2)

3

A Fonte

Monte alto

Josefa Díaz Corral

31

4

A Fonte

Monte alto

José González Ada

31-1

2

22

316

5

A Fonte

Monte alto

Descoñecido

26

417

6

A Fonte

Monte alto

Descoñecido

17

258

7

A Fonte

Monte alto

Concepción de Manuel Pereira

20

9

A Fonte

Monte alto

Descoñecido

31-2

2

3

51

10

Arecima

Monte alto

Descoñecido

17

232

11

Arecima

Monte alto

Descoñecido

8

163

12

Arecima

Monte alto

Descoñecido

22

357

13

Arecima

Monte alto

Benigno Hermida García

30

468

14

Arecima

Monte alto

Manuel Gómez Ada

14

16

Arecima

Monte alto

Descoñecido

102

17

Arecima

Matogueira

Benigno Hermida García

31-3

2

42

562

18

Arecima

Matogueira

Descoñecido

6

19

Arecima

Matogueira

Benigno Hermida García

19

20

Arecima

Matogueira

Manuel Gómez Ada

53

21

Arecima

Matogueira

Descoñecido

11

126

22

Arecima

Matogueira

Manuel Gómez Ada

16

213

23

Arecima

Matogueira

Cesário Rodríguez Mosquera

61

24

Arecima

Matogueira

Descoñecido

18

256

25

Arecima

Matogueira

Descoñecido

8

110

26

Arecima

Matogueira

Descoñecido

7

107

27

Arecima

Matogueira

Descoñecido

26

415

28

Arecima

Matogueira

Descoñecido

11

177

29

Arecima

Matogueira

Descoñecido

31-4

2

11

176

30

Arecima

Matogueira

Descoñecido

8

120

31

Arecima

Matogueira

Descoñecido

39

32

Arecima

Matogueira

Descoñecido

32

475

34

Arecima

Matogueira

Descoñecido

2

61

35

Arecima

Matogueira

María Teresa Lage Álvarez

17

213

36

Arecima

Matogueira

Francisco de Manuel Pereira

41

37

Arecima

Matogueira

Milagros Otero

23

351

38

Arecima

Matogueira

María Teresa Lage Álvarez

31-5

2

56

898

40

Tras das Xestas

Matogueira

Visitación Generosa González Rodríguez

21

318

41

Tras das Xestas

Matogueira

Milagros Otero

38

42

Tras das Xestas

Matogueira

Descoñecido

31-6

2

54

806

43

Tras das Xestas

Matogueira

Eduardo Mosquera Rodríguez

7

135

45

Tras das Xestas

Matogueira

Descoñecido

13

210

46

Tras das Xestas

Matogueira

Descoñecido

28

443

47

Tras das Xestas

Prado

Concepción de Manuel Pereira

18

290

48

Tras das Xestas

Matogueira

María del Carmen Nogueira Palmón

18

284

49

Tras das Xestas

Matogueira

Hdros. de Antonio Bermúdez

13

175

50

Tras das Xestas

Matogueira

Concepción de Manuel Pereira

4

87

51

Tras das Xestas

Matogueira

Visitación Generosa González Rodríguez

7

52

Tras das Xestas

Matogueira

Visitación Generosa González Rodríguez

75

53

Tras das Xestas

Labradío

Cesário Rodríguez Mosquera

31-7 e 31-8-CT

12

61

802

55

Tras das Xestas

Labradío

Francisco de Manuel Pereira

24