Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 25993

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2019/00115 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións ditadas pola persoa titular da xefatura territorial no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito (PR212A).

O texto íntegro das resolucións que se notifican, xunto cos seus referidos expedientes, están á disposición dos interesados na sede da Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións notificadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser recorridas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

O que se notifica de acordo coa normativa antes citada.

Ourense, 12 de abril de 2022

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

NIF/equivalente

Acto notificado

OU-2019/00115

44488408Z

Resolución de cancelación

OU-2021/00134

Y4975086Q

Resolución de denegación

OU-2021/00134

54674754M

Resolución de denegación