Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2022 Páx. 25806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 13 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a resolución sobre a solicitude de modificación das condicións da declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto de dragaxe do porto de Laxe, no concello de Laxe (A Coruña) (clave do expediente 2018/0171).

De conformidade co artigo 44.6 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a resolución formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 12 de abril de 2022, sobre a solicitude de modificación das condicións da declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto de dragaxe do porto de Laxe, no concello de Laxe (A Coruña), promovido por Portos de Galicia.

A dita resoción poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático