Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2022 Páx. 25756

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa dun proxecto técnico, de varios postos de supervisor/a de unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.

Convocada mediante a Resolución do 1 de outubro de 2021 (DOG núm. 197, do 13 de outubro), da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa dun proxecto técnico, de varios postos de supervisor/a de unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, así como na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos e defensa dun proxecto técnico, de varios postos de supervisor/a de unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Lugo, convocados mediante a Resolución do 1 de outubro de 2021 (DOG núm. 197, do 13 de outubro).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.

Terceiro. As persoas aspirantes nomeadas deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao de cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. As persoas aspirantes nomeadas obterán un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro años, para efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 19 de abril de 2022

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: supervisor/a de Unidade de Quirófano.

Nome e apelidos: Eva Castedo Penelo.

DNI: ***4664** (*).

Posto de traballo: supervisor/a de Unidade de Neonatos.

Nome e apelidos: Ana María García Feijoó.

DNI: ***0724** (*).

Posto de traballo: supervisor/a de Unidade de UCI.

Nome e apelidos: María del Pilar Portela Seijo.

DNI: ***2899** (*).

Posto de traballo: supervisor/a de Unidade de Reanimación e Recuperación Postanestésica.

Nome e apelidos: María Beatriz Cornide García.

DNI: ***4641** (*).

Posto de traballo: supervisor/a de Unidade de Transfusión e Hematoloxía.

Nome e apelidos: María Soledad Valadé García.

DNI: ***2138** (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 15 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.