Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2022 Páx. 25810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 12 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021186AE-PO e quince máis).

A xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021186AE-PO e quince máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos cales se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, notifícase aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 12 de abril de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente

DNI da persoa

interesada

Último enderezo coñecido

2021186AE-PO

51318234J

Rúa Patricia, Urbanización Villacana, 12, 29689 Estepona

2021332AE-PO

35246668L

Crer. Mare deu Port, 261, at. 2, 08038 Barcelona

2021433AE-PO

52496994T

Pintor Laxeiro, 35, 1, 2º A, 36004 Pontevedra

2021437AE-PO

52496994T

Pintor Laxeiro, 35, 1, 2º A, 36004 Pontevedra

2021624AE-PO

53178983Q

As Pereiras, 9, 1º esquerda, 36360 Gondomar

2021644AE-PO

53193256Y

Rúa do Castelo, 48, 36995 Poio

2021650AE-PO

53974957Y

Rúa Coruña, 20, 3º A, 36208 Vigo

2021668AE-PO

36144237J

Seara, 9, In, 36211 Vigo

2021688AE-PO

35935281N

Senra de Abaixo, 14, 36390, Vigo

2021722AE-PO

37318771Y

Lugar Campañó de Arriba, 35, 36157 Pontevedra

2021723AE-PO

35320674B

Lugar Campañó de Arriba, 35, 36157 Pontevedra

2021758AE-PO

77001411X

Barriada Praia de Vilariño, 1, porta A, ático A, 36945 Cangas

2021817AE-PO

Y3703692Q

Rúa Catro Camiños, 30, 15883 Teo

2021926AE-PO

36053874V

Rúa Barcelona, 65, 5º C, 36211 Vigo

2021928AE-PO

76859826J

Doutor Tourón, 10, 6º D, 36600 Vilagarcía de Arousa

2021950AE-PO

Y3703692Q

Rúa Catro Camiños, 30, 15883 Teo