Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2022 Páx. 25410

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para 2022 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Visto o texto da acta de revisión de táboas salariais para 2022 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia, que se subscribiu con data do 4 de marzo de 2022, entre a representación de Escena Galega e Agadic e os representantes dos traballadores e traballadoras, pertencentes aos sindicatos CIG, UGT, CC.OO. e AAAG, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade,

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta da comisión paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices
de teatro de Galicia

En Santiago de Compostela, ás 12.30 horas do día 4 de marzo de 2022, reúnese telematicamente a comisión paritaria do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

– Parte empresarial:

Juan Rodríguez Santiago (Escena Galega).

Francisco Javier Núñez Alonso (Agadic).

– Parte sindical:

Ramón Dopico López (UGT).

José Ramón Vizcaíno Mato (UGT).

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.).

Adolfo Naya Fernández (CIG).

Antonio Salgado Rodríguez (AAAG).

José Luis López Roca (AAAG).

O obxecto da presente xuntanza é a actualización das táboas salariais do convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.

Logo do debate e análise da dita cuestión polas representacións integrantes desta comisión, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. Esta comisión paritaria acorda, por unanimidade, proceder á actualización das táboas salariais do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia para o ano 2022, de conformidade co contido no anexo, que se achega á presente acta.

Segundo. Esta comisión delega no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación da presente acta perante a autoridade laboral competente.

E non tendo máis asuntos que tratar, finaliza a reunión, ás 13.30 horas do día sinalado no encabezamento, e expídese para o efecto a presente acta, que asinan en proba de conformidade as persoas relacionadas en nome de todas e cada unha das representacións asistentes.

Juan Rodríguez Santiago (Escena Galega)

Francisco Javier Núñez Alonso (Agadic)

María Teresa Pérez Pardo (CC.OO.)

José Ramón Vizcaíno Mato (UGT)

Ramón Dopico López (UGT)

Adolfo Naya Fernández (CIG)

Antonio Salgado Rodríguez (AAAG)

José Luis López Roca (AAAG)

Tarifas 2021

Tarifas 2022

Suba do 6,5 % IPC

Salario mensual

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

2.062,24

1.718,61

2.196,29

1.830,32

Principal

1.819,62

1.503,96

1.937,90

1.601,72

Secundario

1.496,14

1.396,53

1.593,39

1.487,30

Elenco

1.333,26

1.181,68

1.419,92

1.258,49

Salario función

Compañías grupos A e B

Compañías grupos A e B

Protagonista

188,91

201,19

Principal

169,87

180,91

Secundario

151,26

161,09

Elenco

133,53

142,21

Retribución por gravación

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Compañías grupo A

Compañías grupo B

Protagonista

434,15

412,57

462,37

439,39

Principal

391,01

369,44

416,43

393,45

Secundario

342,47

337,07

364,73

358,98

Elenco

304,71

293,33

324,52

312,40

Axudas de custo Galicia

48,34

51,48