Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2022 Páx. 25522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 5 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación LMTA ALB801, apoios números 83-60-8 e 83-60-11, no concello de Avión, na provincia de Ourense.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación LMTA ALB801, apoios números 83-60-8 e 83-60-11, no concello de Avión, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 5 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/136-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Termo municipal: Avión.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB801, apoios números 83-60-8 e 83-60-11.

Referencia catastral

Incidencia

Data

Hora

2

32005A0501052060000DP

Titular descoñecido

12.5.2021

11.45