Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2022 Páx. 25536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, en procedemento de trámite de audiencia por baixa de oficio, por falta de actividade, no rexistro de operadores profesionais de vexetais.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando, intentada a notificación, esta non se puidese efectuar, farase por medio de anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ante este resultado infrutuoso e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, procédese á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, polo que se notifica as persoas interesadas, que se relacionan no anexo, o trámite de audiencia por baixa de oficio, por falta de actividade, no rexistro de operadores profesionais de vexetais (ROPCIV e/ou PROSEMPLAN segundo o caso).

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte a esta publicación no Boletín Oficial del Estado (nos días hábiles exclúense do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos), as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Sanidade Vexetal, rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos, o día seguinte ao vencemento do prazo.

Así mesmo, as persoas interesadas segundo o artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes, nun prazo de dez (10) días hábiles contados desde que a notificación se entende producida, de acordo co establecido no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura
e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Nome/Razón social

Nº de rexistro

Freire Esmorís, José María

ES11153106

Oreiro Cordo, José Ramón

ES11153150

Porto Pita, Antonio

ES11153157

Ferreiro Pailos, Ramón

ES11153186

López Míguez, Crisanto

ES11153187

Álvarez Castiñeiras, Juan

ES11153188

Lage Piñeiro, Luis

ES11153198

Rodríguez Losada José Luis

ES11323088

Sánchez Álvarez, Francisco

ES11323120

Pérez Vázquez, Manuel

ES11323127

Vázquez Vázquez, Francisco

ES11323133

Mosquera Vázquez, Manuel

ES11323135

Marquina Alonso, Isabel

ES11323201

Moreiras Fernández, Celso

ES11323669

Areán Vázquez, Ramiro

ES11320000

Diz Ojea, Eladio

ES11323393

Duarte Figueira, Manuel

ES11363084

Riádigos González, Manuel Adolfo

ES11363111

Sen Datos

ES11363128

Neira Tarrío, Mª Isabel

ES11363129

Franco Lomba, José R.

ES11363130

Filgueira Boullosa, Ernesto

ES11363132

Troncoso Vilar, Xaquín

ES11363776