Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2022 Páx. 25365

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de xestión da biomasa (expediente UME/2021/595).

Ao non ser posible efectuarlles a comunicación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o anuncio do expediente de execución subsidiaria de xestión da biomasa, co fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento realicen a xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada das especies arbóreas prohibidas ás cales se refire o artigo 22 da devandita lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres, nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras), situadas na rúa do Concello, nº 12.

Núm. expediente

Referencia catastral

Propietario/a

UME/2021/595

0366408NH5906N

Descoñecido/a

Culleredo, 1 de abril de 2022

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente