Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2022 Páx. 25362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de abril de 2022 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación María Manuela depositada no porto de Lorbé.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José María Bustabad Cao, como titular rexistral, e a Francisco Javier Serantes Rodríguez, como arrendatario, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 17 de marzo de 2022 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación María Manuela con folio 3ª-FE-2-2856 depositada no porto de Lorbé por non ser posibles as notificacións nos domicilios.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación depositada no porto de Lorbé en estado de abandono, sen actividade nin ningún mantemento e sen aboar taxas tras o seu afundimento e posterior refrotamento por parte de Portos de Galicia en agosto de 2021, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento, é a Presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase aos interesados antes identificados un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Cara ao seu exame, o expediente encóntrase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia