Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24841

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento SI431A).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG núm. 9, do 14 de xaneiro), que se indican no anexo, cun importe total de 449.998,29 euros, con cargo á aplicación 11.02.313D.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2022.

Estas axudas son financiadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022

Susana López Abella
Secretaria Xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expediente

Entidade

NIF

Total concedido

SI431A 2022/02

Cáritas Diocesanas de Ourense

R3200098F

42.165,97 €

SI431A 2022/05

Asociación Aliad Ultreia

G27021120

65.074,96 €

SI431A 2022/09

Fundación Solidaridad Amaranta

G84913946

65.074,96 €

SI431A 2022/03

Cáritas Diocesanas de Santiago

R1500053B

64.699,12 €

SI431A 2022/01

Médicos do Mundo

G79408852

42.634,24 €

SI431A 2022/04

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor

R1500092J

42.634,24 €

SI431A 2022/06

Ecos do Sur

G15354483

42.634,24 €

SI431A 2022/07

Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

42.571,60 €

SI431A 2022/10

Cruz Roja Española

Q2866001G

42.508,96 €

449.998,29 €