Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24815

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no apartado primeiro do acordo.

En consecuencia, a proposta da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 8 de abril de 2022, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación das relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PX.A11.00.000.15770.005

XEFATURA SECCIÓN DE ASES. E COORD. FONDOS EUROPEOS

Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo

PX.A11.00.005.15770.113

XERENTE DE PROXECTOS

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

PX.A11.00.005.15770.116

XERENTE DE PROXECTOS

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de abril de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file