Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24572

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliar de policía local convocados pola Orde do 14 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo), e se anuncian a data e o lugar de realización da primeira proba do proceso.

No DOG núm. 53, do 17 de marzo de 2022, publicouse a Orde do 14 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local.

Con data do 6 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia número 67 a Resolución do 4 de abril pola que se aprobaron as relacións provisionais de persoas excluídas ao proceso, se publicaron na páxina web da Agasp as relacións provisionais de persoas admitidas con indicación da exención ou non da proba de coñecementos de lingua galega, e se concedeu un prazo de cinco días para alegacións.

Finalizado o prazo de alegacións, e de acordo co expresado na dita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso unitario para a cobertura de 129 postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 14 de marzo de 2022 (DOG núm. 53, do 17 de abril).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderase consultar a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

Segundo. A proba de comprobación da estatura, descrita no número 6.2.A da convocatoria, e as probas de aptitude física, descritas no número 6.2.B da convocatoria, desenvolveranse o día 2 de maio de 2022 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sito na rúa Padre Fernando Olmedo, nº 1, 36002 Pontevedra, de acordo cos chamamentos que se publicarán na páxina web da Agasp.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 20 de abril de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Motivo da exclusión (cód.)

***9035**

Álvarez

Fernández

Ramón Francisco

1

***5291**

Canosa

Lago

Sinoé

4

***7766**

Casal

Rodríguez

Susana

4

***9113**

Castiñeiras

Canicoba

María Elena

1, 5

***0377**

Couto

Tourón

Joaquín

1

***4028**

Fariña

López

Rubén

1

***6223**

Fernández

Pérez

Samuel

2

***1561**

Filgueira

Veiga

Juan Pablo

4

***3889**

Gallego

Gómez

Ian

2

***7064**

Gil

Rodríguez

Paula

2

***2984**

Gómez

Vila

Cristian

2

***7224**

González

Barreiro

Vanessa

2

***8567**

Iglesias

Amondaray

Alejandro Pío

1, 5

***0300**

Mariño

Nieto

Rafael

2

***1002**

Montoto

González

Benxamín Duarte

1

***3845**

Otero

Míguez

Isabel

5

***5963**

Parada

Agra

Brandán

4

***5939**

Paz

Cadabal

Alfonso

4

***8019**

Pérez

Pulido

Ylenia

1

Causas de exclusión

Cód.

Descrición

1

Non presenta xustificante do aboamento da taxa

2

Xustificante de aboamento da taxa incorrecto, incompleto ou redución da taxa non xustificada e que non foi posible comprobala. Debe presentar documentación acreditativa da redución ou xustificante de aboamento da diferenza da taxa

4

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais. Debe presentar documentación acreditatitva

5

Solicitude incompleta ou incorrectamente cuberta